martes, 11 de abril de 2023

SEMANA DA SAÚDE

 O pasado 7 de abril foi o Día Mundial da Saúde. Para conmemorar este día a mestra Bea leunos o conto titulado "¡Puaaaj!" de Juan Llorca. Moitos dos rapaces e rapazas sentíronse identificados co persoaxe do conto que lle da noxo algúns alimentos como o brócoli. Pero ao final, tal e como acontece no conto, pensamos que é importante probar alimentos novos ou que non nos gustan tanto porque soen ser moi saudables. 


Ademais de este libro, quedou a disposición dos estudantes unha colección de libros e contos sobre a saúde. 



Para os asistentes fixémoslle entrega dun modelo de prato saudable. Reflexionamos sobre as cantidades correctas de cada tipo de alimento e nos encantou a idea do plato xa que así nos axudará a comer máis saudablemente. 




Ningún comentario:

Publicar un comentario