luns, 24 de abril de 2023

DIA DO LIBRO

 Con motivo da celebración do día do Libro, 23 de abril, traballamos a lectura de contos coa participación das familias e estudantes. Durante a hora de lecer, fixéronse lecturas na biblioteca onde voluntariamente os estudantes, con axuda dalgún membro da súa familia que quixera participar, leron os seus libros favoritos. 


Ademais, como actividade creativa, algúns rapaces e rapazas recrearon unha escena do libro escollido nunha caixa. Velaquí, tedes as súas creacións tan enxeñosas. 

 

 Para celebrar a data e potenciar a lectura, os estudantes maiores léronlles os estudantes máis cativos durante toda unha semana. Esta actividade foi moi ben recibida, especialmente polos máis pequenos, xa eran eles os que escollían os libros, pero o que máis lles encantou é que foran os maiores os que lles leran. 

 Por último, un grupo da comunidade educativa elaborou unha representación do conto Os tres porquiños. Foi toda unha sorpresa para os estudantes e mestras que desfrutamos coa función tan divertida. 






 


Ningún comentario:

Publicar un comentario