venres, 10 de marzo de 2023

SEMANA DA PRENSA

 Con motivo da Semana da Prensa os estudantes estiveron inmersos na redacción de distintas noticias co obxectivo final de elaborar un xornal sobre as novas que aconteceron na escola. 


Na biblio realizouse un obradoiro para a creación da portada. Dende as aulas, os estudantes investigaron as distintas seccións que contén un xornal, así como os elementos que compoñen unha nova e a estrutura da mesma. Finalmente, cada aula elaborou unha lista de novas para redactar posteriormente para o xornal da escola. 


Unha vez finalizado, procedeuse a venda do xornal durante o tempo de lecer. Os encargados de vendelo foron os estudantes do terceiro ciclo. Todos os rapaces e rapazas estiveron moi interesados nas novas que no xornal aparecían. Nin que dicir que foi un éxito de venda, xa que se empregaron os Lourdes, moeda oficial da escola, para mercar o xornal. 



Ningún comentario:

Publicar un comentario