xoves, 30 de novembro de 2023

25 N


Esta semana varios compañeiros e compañeiras fixeron investigacións sobre mulleres importantes. Por grupos escolleron unha muller e elaboraron material para expor aos demais durante os recreos na biblioteca.
Noa escolleu a Yayoi Kusama.
 
 
Iris, Carla e Uma investigaron sobre a pirata Awilda.


 
 
Carmen e Uxía traballaron a Amelia Earhart.



Juan e Mateo escolleron a Gertrude Belle Elion.

Os máis cativos/as desfrutaron escoitando todo o que os maiores aprenderan pois os maiores traian material moi interesante. Foi moi enriquecedor para todas e todos. 

Para conmemorar este día tan importante, todo o cole participou nun obradoiro de chapas con imaxes das mulleres investigadas polos nosos compañeiros e compañeiras. 

 
 
 
 







xoves, 23 de novembro de 2023

VISITA DE ANXO MOURE

Para conmemorar o 25N recibimos a visita de Anxo Moure na nosa biblio. Velaquí unha mostra deste fantástico día!











 

mércores, 22 de novembro de 2023

DEREITOS DA INFANCIA 

Este luns na biblioteca celebramos con Laretas o día dos Dereitos dos nenos e nenas. 
Durante o tempo de recreo os nenos e nenas puideron decorar unha pulseira cos diferentes dereitos da infancia.
Ademais decoraron un pequeno panel con lapelas que mostraban os dereitos traballados. 
Encargados do día con Laretas
Decoración do panel con lapelas
Ángela, Yasmina e Zoe mostran as súas pulseiras rematadas





luns, 20 de novembro de 2023

 OS AXUDANTES COMEZAN O SEU LABOR


Velaquí os primeiros días dos axudantes da biblio. Esta é unha pequena mostra de todo o seu traballo.







martes, 7 de novembro de 2023

AXUDANTES DA BIBLIOTECA

No día de onte tivemos unha xuntanza cos voluntarios e voluntarias que colaborarán este curso na organización da biblioteca. 

Laretas explicou cales son as normas que deben cumprir, así como as súas funcións.

Entre todos e todas elaboramos o calendario semanal para organizar as quendas nas que deberán estar na biblio mentres tomamos unha pequena merenda.


Foi unha reunión moi emocionante, xa que todos estaban moi motivados por comezar coas súas funcións de axudantes.


Rematamos a xuntanza repartindo a cada neno e nena o seu distintivo de axudante e un marcapáxinas personalizado.



venres, 15 de setembro de 2023

Inicio do novo curso

 

INICIO DO NOVO CURSO


    O día 11 de setembro demos comezo a un novo curso escolar. Laretas tíñanos preparado un Escape room relacionado coa temática que imos traballar nos vindeiros meses.
Comezamos a actividade formando grupos mesturados co alumnado de todos os cursos.
Polo centro, cada mestra tiña unha proba, coa cal, ao ser superada o grupo recibía un número. Ao rematar todas as tarefas o alumnado tiña que combinar as cifras recollidas para abrir o cadeado e liberar así a laretas.

Laretas antes de comezar a proba.




Proba de atividade física.


Busca de información.


Completar as partes do corpo.

Vocabulario en inglés.

Grupo gañador.

Liberando a laretas.


martes, 27 de xuño de 2023

luns, 19 de xuño de 2023


 CLUB LECTOR


Unha vez máis o club lector reunise para compartir experiencias e momentos. 

Nesta ocasión, tocoulles ao alumnado do 2º e 3º ciclo de Educación Primaria. 

Os nenos e nenas de 3º e 4º leron o libro "El club de los raros"de Jordi Sierra i Fabra; mentres que os maiores desfrutaron dos "Megatoxos e o aprendiz de druida"de Anxo Fariña.

Laretas cos libros do club lector





Alumnado de 3º e 4º de primaria


Alumnado falando sobre o libro



Merenda para rematar!

O alumnado de 5º e 6º ademais de compartir experiencias relacionadas co libro, tamén xogaron e fixeron unha pequena medalla. Velaquí as fotos.
Alumnado de 5º e 6º xogando

Momento da merenda