xoves, 27 de abril de 2023

MERCADILLO SOLIDARIO DE LIBROS

Con motivo do día do Libro, procedemos á lectura do conto "A historia de Parche", que trata sobre un xoven podenco na procura da felicidade. 

Dende a biblioteca da escola, procedeuse a levar a cabo un expurgo de libros para organizar un mercado solidario no que, co diñeiro recadado,  facer unha dotación a protectora "Os Biosbardos". Estes, visitaron a escola e nos falaron un pouco das distintas labores que fan e as distintas maneiras con que podemos axudarlles. 

Foi unha visita moi interesante porque puidemos ver as condicións nas que chegaron algúns dos peludiños e como se atopan agora. Ademais, na visita tamén nos acompañaron catro amigos de catro patas que nos fixeron a mañá moito máis divertida. 

 


Ningún comentario:

Publicar un comentario