mércores, 8 de marzo de 2023

8M

 Esta semana a adicamos a celebrar o 8M. Dende a biblioteca lemos o conto Daniela e as mulleres piratas da historia de Susana Isern. Conta a historia das dificultades que tiveron que levar a cabo moitas mulleres piratas reais por ser mulleres. Ademais, aprendemos moito coas súas biografías, como p or exemplo de onde eran cada unha de elas coa axuda dun mapa. O que máis nos gustou foi que cada unha tiña unhas fortalezas e debilidades que lles axudaron nas súas aventuras. 

Coma sempre, quedou de exposición varios libros sobre esta temática que os estudantes puideron ollar e ler. 


Despois da lectura de Daniela e as mulleres piratas da historia os estudantes escolleron unha das piratas e fixeron un póster no que plasmaron todas as curiosidades de cada unha de elas. 



Para esta conmemoración contamos coa axuda das familias que se ofreceron voluntarias para contarnos como é o seu traballo e as dificultades que atoparon, tanto de forma presencial como en formato dixital. Aprendemos moito, especialmente que hai  traballos que a veces pensamos que son de homes, por exemplo o traballo de enterrador que compartiu unha das nais convidadas, e que realmente todos podemos ser o que queramos ser de maiores. 







Ningún comentario:

Publicar un comentario