xoves, 23 de febreiro de 2023

ROSALÍA DE CASTRO

O día da conmemoración do nacemento de Rosalía de Castro decidimos facer un Escape Room coa participación de todo o alumnado da escola. Comenzamos a actividade formando grupos mesturados con estudantes de todos os cursos. Unha vez que tivemos os grupos listos, asignamos a cada grupo unha actividade distinta: 

- Crebacabezas.


- Descifrar a mensaxe.

- Poemas.

- Sopa de letras.

-Verdadeiro ou falso.


-Mapa de Galicia. 


Todas estas actividades estaban relacionadas coa obra e vida de Rosalía de Castro que previamente se traballara nas aulas. Por cada actividade resolta correctamente proporcionábaselles un número que ían anotando nas súas tarxetas de participación. Como obxectivo final, os estudantes tiñan que ordear os números que conseguiran nas actividades e obter a combinación que finalmente abriría o candado, que neste caso era a data de nacemento de Rosalía 24/02/1837. 

 

Como recompensa do esforzo e traballo en equipo, todos os estudantes conseguiron unha medalla
 de Rosalía, pero o equipo gañador, obtivo tamén un marcapáxinas da autora. 



Ningún comentario:

Publicar un comentario