luns, 28 de novembro de 2022

25 N

Con motivo da celebración do 25 N seguimos mergullándonos no proxecto de centro e dende a biblio Laretas propuxo a lectura para todo o alumnado do libro Daniela Pirata. Nel a protagonista mostra as dificultades ás que se enfrentan algunhas mulleres para conseguir os seus soños. Non obstante, é unha nena moi segura de si mesma, teno claro, Ela quere ser pirata!


Tamén vimos un video do conto realizado por dúas alumnas do centro coa súa familia.



Posteriormente, realizamos un mural conxunto onde cada nena/o "meteu" nunha botella os seus soños e "tirounos" ao mar.



Ningún comentario:

Publicar un comentario