mércores, 11 de xaneiro de 2023

INAUGURACIÓN DA BIBLIO

Despois dunhas pequenas reformas, Laretas volve invitarnos á inauguración da biblio!! 


A biblio despois da reforma.

Neste día tan especial, a nosa mascota preparounos diferentes sorpresas!

Para comezar, fixemos unha pequena choiva de ideas sobre as normas da biblio. Entre todo o alumnado elaboramos unha selección para sintetizar como debemos estar neste espazo do cole. Ademais, as profes explicaron como están colocados os libros e os demais recursos dispoñibles.

A profe Bea explica a organización da biblio.

A continuación, Laretas presentounos unha selección dos libros relacionados co proxecto deste curso. Os maiores ofrecéronse como lectores ao alumnado de infantil e do primeiro curso de primaria.


Magik, Ángel e Noelia.

Acto seguido, os nenos e nenas decoran os seus novos carnés para os préstamos da biblio.

Yasmina rematando o seu carné.

Para rematar esta pequena festa, Laretas regaloulles a cada neno e cada nena unha carpeta para os libros da biblioteca.

                                                                                                            Ariadna co seu carné.

O alumnado pasouno en grande; todas e todos quedaron moi ilusionados cos novos recursos da biblio!!





Ningún comentario:

Publicar un comentario