luns, 31 de outubro de 2022

SAMAÍN

Polo Samaín lemos os contos O noso Samaín de Loretta Birott Bermejo e Un vampiro peligrozo de Jose Carlos Andrés e levamos a cabo algunhas actividades e xogos relacionadas cos mesmos durante toda a semana.



O venres fixemos unha festa todo o cole con diferentes obradoiros distribuídos por todo o centro. Na biblio realizamos un relacionado co PDI do centro "A auga". Ao entrar o alumnado tiña que imaxinar que estaba no fondo do océano e representar aquilo que quixese. Foi todo un éxito xa que o canón de luz negra deixou representacións moi alegres e vistosas.

Obradoiro da Biblio
Outros obradoiros realizados este día no centro

Ningún comentario:

Publicar un comentario