luns, 26 de setembro de 2022

PRESENTACIÓN MASCOTA

Boas, estreamos o blog da nosa biblio presentando a alguén moi especial para nós: A NOSA MASCOTA!
Chegou ao noso cole en setembro do pasado curso. Dende a biblio propúxose a todo o alumnado imaxinar e crear unha mascota e realizar un debuxo dela. Participou case a totalidade do alumnado e cas propostas realizouse unha votación na biblioteca por cursos. Despois de facer o reconto  o máis votado foi o crocodilo de Maëlle unha alumna de 4º ao que entre todos e todas decidimos chamarlle Laretas. Semanas despois apareceu Laretas en persoa e foise presentado por todas as aulas.😊

 

Maëlle a gañadora e Laretas



Ningún comentario:

Publicar un comentario