martes, 7 de novembro de 2023

AXUDANTES DA BIBLIOTECA

No día de onte tivemos unha xuntanza cos voluntarios e voluntarias que colaborarán este curso na organización da biblioteca. 

Laretas explicou cales son as normas que deben cumprir, así como as súas funcións.

Entre todos e todas elaboramos o calendario semanal para organizar as quendas nas que deberán estar na biblio mentres tomamos unha pequena merenda.


Foi unha reunión moi emocionante, xa que todos estaban moi motivados por comezar coas súas funcións de axudantes.


Rematamos a xuntanza repartindo a cada neno e nena o seu distintivo de axudante e un marcapáxinas personalizado.



Ningún comentario:

Publicar un comentario