venres, 15 de setembro de 2023

Inicio do novo curso

 

INICIO DO NOVO CURSO


    O día 11 de setembro demos comezo a un novo curso escolar. Laretas tíñanos preparado un Escape room relacionado coa temática que imos traballar nos vindeiros meses.
Comezamos a actividade formando grupos mesturados co alumnado de todos os cursos.
Polo centro, cada mestra tiña unha proba, coa cal, ao ser superada o grupo recibía un número. Ao rematar todas as tarefas o alumnado tiña que combinar as cifras recollidas para abrir o cadeado e liberar así a laretas.

Laretas antes de comezar a proba.




Proba de atividade física.


Busca de información.


Completar as partes do corpo.

Vocabulario en inglés.

Grupo gañador.

Liberando a laretas.


Ningún comentario:

Publicar un comentario