xoves, 30 de novembro de 2023

25 N


Esta semana varios compañeiros e compañeiras fixeron investigacións sobre mulleres importantes. Por grupos escolleron unha muller e elaboraron material para expor aos demais durante os recreos na biblioteca.
Noa escolleu a Yayoi Kusama.
 
 
Iris, Carla e Uma investigaron sobre a pirata Awilda.


 
 
Carmen e Uxía traballaron a Amelia Earhart.



Juan e Mateo escolleron a Gertrude Belle Elion.

Os máis cativos/as desfrutaron escoitando todo o que os maiores aprenderan pois os maiores traian material moi interesante. Foi moi enriquecedor para todas e todos. 

Para conmemorar este día tan importante, todo o cole participou nun obradoiro de chapas con imaxes das mulleres investigadas polos nosos compañeiros e compañeiras. 

 
 
 
 







Ningún comentario:

Publicar un comentario