mércores, 14 de xuño de 2023

 DÍA DOS OCEÁNOS E FESTA DE PECHE DA BIBLIOTECA


O 8 de xuño conmemórase o Día dos Océanos e posto que este ano foi o tema sobre o que traballamos, na biblioteca Laretas preparounos un pequeno obradoiro no recreo, co cal pechamos as portas da biblioteca por este curso 2022/2023 para coller forzas para o vindeiro ano.
O alumnado puido decorar unhas pulseiras relacionadas co océano.


Tamén montamos unha maqueta dun polbo para decorar a biblio.

E como non, rematamos o obradoiro cunha meredola!








Ningún comentario:

Publicar un comentario