xoves, 18 de maio de 2023

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 Este ano o día das Letras Galegas estivo dedicado a Francisco Fernández del Riego. Dende as clases estivemos inmersos en varias actividades investigando sobre a súa vida, obras e a súa contribución á defensa e emprego da lingua galega. 

 Unha das actividades colaborativas nas que traballamos foi na creación dun mural con diversa información sobre este autor. Para poder atopar esta información os estudantes máis maiores fixeron uso das TICs coas tablets e ordenadores.

Unha vez rematadas as actividades de búsqueda de información, creouse un xogo de robótica a modo de cuestionario. Para poder dar coa resposta correcta, os estudantes tiñan que empregar o razoamento crítico manipulando o robot coas coordenadas xustas para chegar á casa correcta. 

 

Divertíronse moitísimo e cando non recordaban a resposta foron rápidos en ir o mural para atopar a resposta correcta. 

 Ademais, como actividade grupal, organizamos a segunda edición da nosa famosa Carreira Pola Lingua nos xardíns do Gran Hotel de Mondariz-Balneario. Ao remate da carreira todos gozamos coa actuación do grupo de música tradicional Naiama da nosa mestra Alba. 


Foi unha ledicia cantar e bailar con eles.

Ningún comentario:

Publicar un comentario